Novas

A Coruña acollerá en novembro o XII Encontro de xestores de Patrimonio Mundial en España

15 de outubro de 2018
Torre de Hércules

As xornadas, organizadas polo Ministerio de Cultura, celebraranse entre os días 6 e 8 de novembro e abordarán a comunicación e transmisión do Valor Universal Excepcional.

Xornada de portas abertas e visitas guiadas na Torre de Hércules polo Día Mundial do Turismo

27 de setembro de 2018
Torre de Hércules

Lanzada Calatayud moderará na Casa Museo Casares Quiroga unha mesa redonda sobre Turismo e accesibilidade.

O novo punto de venda de entradas á Torre de Hércules recibe a máis de 18.600 persoas no seu primeiro mes de implantación

6 de agosto de 2018
Puntos de venda

O acceso por franxas horarias de 15 minutos permitiu eliminar as colas de espera aos pés do monumento, garantindo o acceso ás persoas visitantes, á vez que se respecta a capacidade de acollida de 32 persoas ao mesmo tempo.

NOVO SISTEMA DE ACCESO Á TORRE DE HÉRCULES PARA REDUCIR AS ESPERAS E MELLORAR A EXPERIENCIA

2 de xullo de 2018
NOVO SISTEMA DE ACCESO Á TORRE DE HÉRCULES PARA REDUCIR AS ESPERAS E MELLORAR A EXPERIENCIA

As entradas para visitar o interior da Torre de Hércules por franxas horarias están á venda no CIAV (Centro de Información e Atención ao Visitante, no aparcamento ao pé da torre. Esta é unha das medidas principais que pretenden mellorar a atención ao público, reducindo as esperas nos momentos de maior afluencia, así como mellorar a experiencia da visita.

A Torre de Hércules celebra o seu noveno aniversario como monumento Patrimonio Mundial con cinco días de actividades para todos os públicos

19 de xuño de 2018
A Torre de Hércules celebra o seu noveno aniversario como monumento Patrimonio Mundial con cinco días de actividades para todos os públicos

A programación inclúe obradoiros, concertos, teatro, recreacións históricas, food-trucks e unha exposición fotográfica, ademais dunha xornada de portas abertas o día 27.

O Consorcio de Turismo da Coruña organiza o concurso #másqueunatorre en Instagram, con premios en metálico para as mellores imaxes

25 de maio de 2018
#MásQueUnaTorre

O consorcio de Turismo e Congresos da Coruña organiza un concurso fotográfico na rede social Instagram titulado #MásQueUnaTorre, dentro das actividades do IX aniversario do monumento na Lista do Patrimonio mundial. O concurso terá lugar entre o venres 25 de maio e o domingo 10 de xuño, ámbolos dous inclusive.

O mes de maio ven cargado de actividades Torre de Hércules

3 de maio de 2018
Cartel actividades maio

Teremos un obradoiro de ciencia e natureza a cargo do Grupo Naturalista Hábitat.

 Roteiro e obradoiro de escritura creativa a cargo de Xurxo Souto

Contamos coa colaboración do Club del Mar e da Asociación de Escritores en Lingua Galega. 

Obradoiro infantil de arqueoloxía e xornada especial para celebrar o Día dos monumentos e sitios

18 de abril de 2018
Xornada de portas abertas  Con motivo da celebración do Día dos monumentos e sitios, a entrada á Torre de Hércules será de balde durante toda a xornada de hoxe, 18 de abril. Este ano o lema da xornada é O patrimonio para as xeracións. A Torre de Hércules está aberta de 10.00 a 18.00, con última entrada ás 17.30.  Estas actividades enmárcanse no Ano Europeo do Patrimonio Cultural, que a torre celebra baixo o lema Torre de Hércules. Cultura europea, patrimonio mundial.

O vindeiro sábado, 21 de abril, a Torre de Hércules celebra unha actividade en colaboración co Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón, que consistirá nunha visita guiada familiar ao museo ás 12.00 e un obradoiro infantil de arqueoloxía ás 16.00, no Centro de Interpretación da Torre de Hércules (CIAV). 

 

  • 1
  • 2
  • Seguinte